InicioOccidentalCervoCervo felicita a todos os clubs que participaron no Campionato Galego Infantil...

Cervo felicita a todos os clubs que participaron no Campionato Galego Infantil de Natación de Inverno

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acolleu esta pasada fin de semana o Campionato Galego Infantil de Natación de Inverno, unha cita deportiva de primeiro nivel que reuniu a clubs de toda Galicia e converteu o municipio nun punto de encontro da natación base durante dúas intensas xornadas de competición.

Na clasificación xeral por clubs, o triunfo foi para o CN Ferrol, que se proclamou campión galego cun total de 633 puntos, seguido do CN Portamiñá e do CN Pabellón Ourense. Na categoría feminina, o CN Ferrol volveu subir ao máis alto do podio, mentres que na categoría masculina o primeiro posto foi para o CN Vigo Rías Baixas.

O Concello de Cervo quere felicitar a todos os clubs participantes polo alto nivel deportivo demostrado, así como á Federación Galega de Natación e á organización do evento polo seu bo desenvolvemento.

Para o Concello merece mención especial o excelente resultado acadado polo CN Xove, que asinou unha das mellores colleitas da súa historia nun Campionato Galego Infantil, cun total de once medallas, un fito que pon en valor o traballo de base, o esforzo das e dos deportistas e do corpo técnico do club.

Para o Concello de Cervo, acoller un campionato galego destas características supón unha importante proxección deportiva e turística, ademais dun impacto positivo para a hostalaría e o comercio local, enchendo de actividade e movemento o municipio durante toda a fin de semana. 

O acto de entrega de medallas contou coa participación da alcaldesa Dolores García Caramés e do concelleiro de Deportes David Rodríguez, que amosaron o compromiso do goberno local co deporte base e coa organización de eventos que fomentan hábitos de vida saudables entre a mocidade.

O Concello de Cervo continúa así consolidándose como sede de grandes eventos deportivos, reafirmando o seu apoio á natación e ao deporte galego.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...