InicioOccidentalCervoA iniciativa "Corremos xuntos, chegamos xuntos" encheu o CEIP de San Cibrao...

A iniciativa “Corremos xuntos, chegamos xuntos” encheu o CEIP de San Cibrao con motivo do Día Escolar da Paz

Publicada o

- Advertisement -

Este mércores, as pistas de atletismo municipais de Cervo enchéronse de deporte, convivencia e solidariedade coa celebración da iniciativa “Corremos xuntos, chegamos xuntos”, organizada polo CEIP Península da Paz con motivo do Día Escolar da Paz.

A alcaldesa Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias e a edil Mali Méndez achegáronse ata as pistas para animar ás persoas participantes e compartir esta fermosa xornada.

 Máis de 300 participantes dos centros educativos do municipio –Ceip Península da Paz, Ceip de Cervo e IES Marqués de Sargadelos- e de diferentes entidades e colectivos —como Saúde Mental A Mariña, Aspanane ou o Centro de Día Residencia— tomaron parte nun evento solidario no que tamén se recolleron alimentos para a Cruz Roja e o banco de alimentos.

 Carreiras adaptadas, lectura de manifestos pola paz, música, merenda e moito compañeirismo fixeron desta xornada un exemplo de inclusión, respecto e solidariedade a través do deporte.

O Concello enviou os seus parabén ao CEIP Península da Paz pola organización, ás entidades colaboradoras, ao voluntariado e a todas as persoas implicadas por facer posible unha actividade tan especial e chea de valores. 

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...