InicioOccidentalCervoA alcadesa de Cervo pide ao PSOE "que non utilice os maiores...

A alcadesa de Cervo pide ao PSOE “que non utilice os maiores como arma política” co SAF

A alcaldesa tamén aclara que non existe ningunha directriz da Alcaldía “para recortar horas nin para promover renuncias”, porque ademais o Concello non ten potestade para quitar horas asignadas pola Xunta

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, pediu ao PSOE “que non utilice aos maiores como arma política” e reivindicou a boa xestión que se está a facer o Concello do servizo municipal de axuda no fogar (SAF).

A rexedora considera inaceptable que os socialistas poñan en dúbida a profesionalidade do persoal deste servizo municipal e pediu respecto para o conxunto das traballadoras deste servizo que presta apoio e coidados a preto de medio centenar de veciños do municipio.

A alcaldesa explicou que, tras coñecer a queixa formulada pola familiar dunha dunha usuaria, actuouse con total responsabilidade e transparencia, ordenado unha revisión do expediente para esclarecer os feitos.“A familia ten dereito a ser escoitada e o Concello ten a obriga de contrastar”.

Non hai renuncia ás horas SAF, nin recorte de dereitos

Tras revisar o expediente e a documentación constatouse que en ningún momento existiu unha renuncia de horas SAF, nin minoración dos seus dereitos, xa que logo a usuaria está a recibir de modo efectivo as horas de atención dentro do baremo recoñecido pola Xunta. Sen entrar en máis detalles, por garantir a confidencialidade, si aclara que se incrementou a intensidade da prestación en mái dun 50% nos últimos meses, por decisión técnica, con máis horas nocturnas, de fin de semana e festivos.

“Comprendemos a preocupación da familia e respectamos que presentasen un escrito manifestando a súa desconformidade. O que lamentamos é que o PSOE aproveite esta situación para lanzar acusacións públicas sen contrastar, xerando unha alarma que non se corresponde coa realidade, e desprestixiando un servizo esencial para as persoas máis vulnerables”- explica,

A alcaldesa tamén aclara que non existe ningunha directriz da Alcaldía “para recortar horas nin para promover renuncias”, porque ademais o Concello non ten potestade para quitar horas asignadas pola Xunta.O único obxectivo era certificar e documentar cos usuarios as horas efectivamente prestadas, cumprindo o procedemento, como se fai en todos os municipios.

O PSOE é o menos indicado para dar leccións

García Caramés si reprocha ao PSOE o intento de facer un uso partidista desta incidencia e sinalou a pouca coherencia de que sexan precisamente os socialistas os que se atrevan a cuestionar o funcionamento do servizo de axuda no fogar cando o Goberno de Pedro Sánchez, que está obrigado a asumir por lei o 50% do custe da atención á dependencia non o fai, recaendo todo o esforzo en exclusiva nos Concellos, usuarios e na Xunta.

A alcaldesa tamén recorda que Cervo é un dos poucos concellos da Mariña, e do conxunto da provincia, que presta o servizo de axuda no fogar con persoal municipal, mentres outros municipios, incluso os gobernados polo PSOE téñeno privatizado. Avanza tamén que o recente acordo entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP “suporá un importante aforro para a facenda local, que permitirá seguir ampliando o servizo”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...