InicioOccidentalCervoO Encontro de Palilleiras en Cervo celebrarase o sábado 11 de abril

O Encontro de Palilleiras en Cervo celebrarase o sábado 11 de abril

A xuntanza terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo celebrará o XIX Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía o sábado 11 de abril, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Cibrao.

O evento foi presentado pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por unha representación das palilleiras de San Cibrao, na Casa do Mar, no local que empregan habitualmente para desenvolver a súa actividade.

Con 19 edicións de traxectoria, o Encontro de Palilleiras é unha cita xa plenamente consolidada no calendario do municipio, coa finalidade de poñer en valor unha tradición artesanal de gran relevancia cultural, que se mantén viva grazas á paciencia, á dedicación e á creatividade das persoas que a practican.

Durante a xornada, as persoas asistentes poderán gozar da beleza dos traballos artesanais e ver en directo a destreza das palilleiras, contribuíndo así á conservación e á posta en valor dun oficio con gran tradición e séculos de historia.

O encontro complétase cunha Feira de Artesanía e conta coa colaboración da asociación Mulleres de San Cibrao.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse na Casa da Cultura de San Cibrao, no teléfono 982 595 157 ou a través do correo electrónico casadacultura@concellodecervo.com. As prazas cubriranse ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...