InicioOccidentalCervoCervo preséntase en FITUR da man da alcaldesa

Cervo preséntase en FITUR da man da alcaldesa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo está presente estes días en FITUR da man da alcaldesa, Dolores García Caramés, que  está a presentar o municipio como un destino único na Mariña, onde natureza, creatividade e innovación van da man.

A rexedora está a compartir con visitantes e profesionais do sector todo o que Cervo pode ofrecer: paisaxes espectaculares, un rico contraste entre a costa e o interior, patrimonio histórico e cultural e unha aposta firme por un modelo de turismo sostible e de calidade, entre outros moitos atractivos.

Ademais, un dos eixos da súa presenza na feira é a promoción do proxecto de Coworking Azul Cobalto, un espazo singular que se situará nun enclave histórico e natural incomparable, concibido para atraer nómadas dixitais, talento, profesionais creativos e empresas que buscan traballar nun entorno inspirador, na Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras.

Na Feira Internacional de Turismo, a alcaldesa está a manter encontros con diferentes axentes do sector do coworking, abrindo novas vías de colaboración e dando a coñecer as oportunidades que ofrece Cervo como lugar para emprender, crear e vivir.

Cervo preséntase así en FITUR como un destino para crear e para construír futuro, combinando identidade, tradición e innovación.

ÚLTIMAS

Ribadeo licita por lavandaría e cociña do Hospital Asilo por 320.000 euros

Ribadeo licita por 320.000 euros a lavandería e a cociña do Hospital Asilo. As...

A Mancomunidade da Mariña comparte un decálogo para fomentar un turismo sostible na comarca

Son moitos os plans e programas que vén desenvolvendo nos últimos anos a Mancomunidade...

Trabada incorpora unha nova desbrozadora trituradora para reforzar os servizos municipais

O Concello de Trabada vén de incorporar unha nova desbrozadora trituradora semilateral para tractor,...

Sargadelos amplía a súa capacidade produtiva mercando Burelarte

O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio...