InicioOccidentalCervoCervo instala hidromacetas na rúa da Aduana en San Cibrao

Cervo instala hidromacetas na rúa da Aduana en San Cibrao

Desde o Concello de Cervo continúase a traballar na mellora e conservación dos espazos públicos, reforzando o compromiso cun municipio máis atractivo e humanizado

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de instalar hidromacetas con plantas de tempada –con sistema de autorego incorporado- nas farolas da Praza do Concello e tamén da rúa Aduana, en San Cibrao, co obxectivo de mellorar o aspecto ornamental e a calidade visual destes espazos públicos.

Esta actuación forma parte das tarefas de mantemento, coidado e embelecemento dos espazos públicos que o Concello desenvolve de maneira continuada, financiadas con fondos propios, apostando pola incorporación de elementos vexetais que contribúan a crear contornas máis agradables e acolledoras para a veciñanza e as persoas visitantes.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, supervisou os traballos acompañada da concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e puxo en valor este tipo de iniciativas, sinalando que “as plantas de tempada achegan cor e vistosidade ao conxunto urbano, “seguimos a investir con fondos propios na mellora dos espazos públicos, porque un concello coidado e atractivo repercute directamente na calidade de vida da veciñanza e na imaxe do municipio”.

A rexedora destacou tamén que estas actuacións “suman pequenos detalles que fan máis agradables as zonas máis transitadas, tanto para as persoas que viven aquí como para quen nos visita”.

Desde o Concello de Cervo continúase a traballar na mellora e conservación dos espazos públicos, reforzando o compromiso cun municipio máis atractivo e humanizado.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...