InicioOccidentalCervoCervo entregou axudas para libros e material escolar de educación infantil

Cervo entregou axudas para libros e material escolar de educación infantil

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos centros educativos do municipio, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo entregou as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar para o alumnado de Educación Infantil (2º ciclo) dos centros educativos do municipio, o CEIP Península da Paz e o CEIP de Cervo.

Estas axudas teñen como obxectivo apoiar ás familias no inicio do curso escolar, contribuíndo a reducir o impacto económico que supón a compra de material educativo, ao tempo que se fomenta o consumo no comercio local do municipio.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destacou que “apoiar ás familias segue a ser unha prioridade para este goberno local, e con estas axudas queremos facilitar o comezo do curso e colaborar coas familias, ademais de reforzar a economía do noso concello”.

Desde o Concello agradécese a participación das familias nesta convocatoria e reitérase o compromiso municipal coa educación.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...