InicioOccidentalCervoCervo asina un convenio de colaboración co Club Medela MTB

Cervo asina un convenio de colaboración co Club Medela MTB

A rexedora de Cervo quixo poñer en valor “o enorme traballo que está a facer o Medela MTB coa base, inculcando valores como o esforzo, a constancia, o compañeirismo e o respecto pola natureza, ao tempo que transmiten a súa paixón polas dúas rodas ás xeracións máis novas”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo continúa nestes últimos días do ano co proceso de sinatura dos convenios de colaboración con diferentes entidades deportivas, sociais e culturais do municipio, “como recoñecemento ao traballo fundamental que desenvolven de xeito altruísta en beneficio de toda a veciñanza”.

Neste marco, a alcaldesa, Dolores García Caramés, vén de manter un encontro co presidente do Club Medela MTB, David Riera, no que asinaron un convenio de colaboración, que supón unha achega económica de 8.200 euros, destinada a sufragar gastos de equipamento, material deportivo e a contribuír ás tarefas de roza e mantemento tanto do seu circuíto como das rutas que utilizan para o desenvolvemento da súa actividade.

A rexedora quixo poñer en valor “o enorme traballo que está a facer o Medela MTB coa base, inculcando valores como o esforzo, a constancia, o compañeirismo e o respecto pola natureza, ao tempo que transmiten a súa paixón polas dúas rodas ás xeracións máis novas”. Destacou tamén o compromiso do club co coidado do entorno, mantendo en boas condicións espazos que son utilizados tanto polos deportistas como pola veciñanza en xeral.

Así mesmo, subliñou o carácter altruísta das persoas que forman parte do club, “que dedican moitas horas do seu tempo libre a fomentar o deporte, a vida saudable e a dinamización do noso municipio”.

A alcaldesa apuntou que, ademais desta axuda directa, desde o Concello de Cervo “seguiremos colaborando co Medela MTB en todo o que estea na nosa man, poñendo a disposición os medios materiais e humanos necesarios para apoiar unha labor que é moi positiva para Cervo e para a súa contorna”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas reclaman en Viveiro unha mellor sanidade pública e presentan 6.000 sinaturas de apoio

Centos de persoas --segundo os convocantes-- volveron a saír ás rúas de Viveiro para...

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...