O Concello de Cervo colaborou co alumnado do CEIP de Cervo na decoración dunha das árbores do parque Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, en Cervo, “enchéndoa de creatividade, cor e espírito de Nadal”. O persoal municipal axudou a colgar os adornos de Nadal elaborados polos nenos e nenas do cole con material de refugallo, un fermoso exemplo de imaxinación, sustentabilidade e traballo en equipo
Ata o parque achegáronse a alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira Mali Méndez, que puideron comprobar de primeira man o bonito resultado desta iniciativa.
Desde o Concello animan á veciñanza a achegarse ao parque para ver o resultado e gozar desta decoración tan especial, feita con moita ilusión.
