InicioOccidentalCervoCervo reforza o apoio ás ANPAs cunha achega económica para actividades educativas

Cervo reforza o apoio ás ANPAs cunha achega económica para actividades educativas

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quixo salientar o papel fundamental das asociacións de nais e pais na creación de “contornas escolares máis inclusivas, participativas e de calidade”

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés mantivo un encontro coas representantes das ANPAS dos centros educativos do municipio. Durante a reunión abordáronse diversos asuntos relacionados co funcionamento dos centros e fíxose entrega dun cheque de 1.250 euros a cada asociación, co obxectivo de apoiar as actividades que organizan ao longo do curso.

García Caramés puxo en valor o traballo constante destes colectivos, destacando que con esta achega “pretendemos contribuír ao desenvolvemento de actividades lúdicas, educativas e culturais que enriquecen o proceso formativo do alumnado e que axudan a fortalecer unha contorna escolar máis aberta, participativa e de calidade”.

A alcaldesa engadiu que esta axuda tamén busca facilitar o funcionamento interno das asociacións, ofrecéndolles un respaldo económico que lles permita facer fronte aos seus gastos habituais. Esta subvención municipal reflicte o noso compromiso coa educación, que é a base do futuro das novas xeracións, concluíu.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...