InicioOccidentalCervoCervo realiza melloras no ximnasio municipal con novos sistemas de ventilación

Cervo realiza melloras no ximnasio municipal con novos sistemas de ventilación

A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitou as instalacións acompañada dos concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, para comprobar o resultado da intervención, que xa está plenamente operativa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de poñer en funcionamento o novo sistema de ventilación do ximnasio municipal situado na Piscina de Lieiro, unha actuación que supón unha mellora substancial no confort térmico e ambiental destas instalacións, garantindo unha práctica deportiva máis agradable.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitou as instalacións acompañada dos concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, para comprobar o resultado da intervención, que xa está plenamente operativa. Durante a visita, Caramés destacou que esta mellora “favorece un ambiente moito máis confortable para as persoas usuarias, cun sistema que permite renovar o aire constantemente e refrescar o espazo cumprindo a normativa vixente para este tipo de instalacións”.

A rexedora subliñou ademais que a instalación deste novo sistema contribúe a un uso máis racional da enerxía, “o que se traduce nun aforro notable e nun funcionamento máis sostible das instalacións municipais”. Caramés incidiu en que este tipo de actuacións “reforzan o compromiso do Concello cunhas infraestruturas modernas, eficientes e preparadas para ofrecer servizos deportivos de calidade”. A intervención contou cun investimento de algo máis de 23.000 euros, financiados a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...