InicioCentralBurelaBurela aproba por unanimidade o traspaso da UAD ao SERGAS

Burela aproba por unanimidade o traspaso da UAD ao SERGAS

O acordo plenario inclúe tamén o inicio do expediente para a cesión de uso do inmoble municipal onde actualmente se presta o servizo, garantindo así continuidade plena durante o proceso de integración.

Publicada o

- Advertisement -

O Pleno do Concello de Burela aprobou hoxe por unanimidade o traspaso da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) ao Servizo Galego de Saúde, un paso que será efectivo o 1 de xaneiro e que, segundo explicou a alcadesa de Burela, Carmela López, supón “un avance histórico na atención ás persoas con adiccións na Mariña”.

A alcaldesa celebrou o consenso político acadado e destacou que este traspaso “non nace da nada, senón de anos de insistencia dos concellos, da FEGAMP e das profesionais das unidades, que levan moito tempo traballando con recursos moi limitados e sostendo un servizo esencial para máis de 500 persoas usuarias”.

O Concello inicia a cesión do local, pero reclama a ubicación sanitaria

O acordo plenario inclúe tamén o inicio do expediente para a cesión de uso do inmoble municipal onde actualmente se presta o servizo, garantindo así continuidade plena durante o proceso de integración.

A alcaldesa explicou que, malia esta cesión provisional, o Concello defenderá que a UAD pase no futuro a un espazo sanitario: “O normal, e o que ocorre noutras comunidades, é que estes servizos estean integrados nos hospitais ou nos centros de saúde. É saúde mental, e debe tratarse como tal. As persoas usuarias deben poder recibir atención nun entorno sanitario normalizado, sen estigmas nin sinalamentos.”

O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, quixo agradecer “o traballo, a implicación e a dignidade do persoal da UAD durante todo este tempo e en concreto nestes xa dous anos nos que xestionamos esta área”. Tamén destacou que este traspaso “vai supoñer unha mellora no servizo en canto a persoal e recursos. Precisamente agora que está vacante a praza de Médico, o feito de integrar o servizo na área de Saúde Mental do Sergas pode facilitar a cobertura desa praza”. Rematou afirmando que “en definitiva, é unha gran nova para todas as partes”.

A próxima prioridade: a Atención Temperá

López anunciou tamén que o Concello iniciará agora unha nova reivindicación colectiva: a integración da Atención Temperá no sistema público galego.

“Hoxe damos un paso moi importante coa UAD, pero mañá comezamos outra batalla: a integración da Atención Temperá no Sergas. Os menores e as súas familias necesitan estabilidade, equipos completos e tempos de espera asumibles. Esa será a nosa seguinte loita, e Burela estará na primeira liña, como fixo sempre.”

Finalmente, a rexedora destacou o traballo conxunto das institucións, explicando que “este avance é un logro da FEGAMP, dos concellos, das profesionais das UAD e tamén da Xunta, que finalmente atendeu unha demanda que levabamos anos reclamando. Cando as institucións traballan xuntas, gánase en servizos e en dignidade para a cidadanía.”

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...