InicioOccidentalCervoCervo 'prende' a nova caldeira de biomasa na Casa do Mar

Cervo ‘prende’ a nova caldeira de biomasa na Casa do Mar

A actuación consistiu na retirada da antiga caldeira de gasóleo, instalada no ano 1990, e a súa substitución por dúas caldeiras en tándem de biomasa (pellets), coa instalación dos correspondentes silos de almacenaxe

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de poñer en marcha o novo sistema de calefacción da Casa do Mar, coincidindo coa baixada das temperaturas estes días, tras acometer traballos de mellora da eficiencia enerxética cun investimento de 89.746,68 euros, dos cales o 50% foi achegado a través dunha subvención da Xunta de Galicia, mediante o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.

A actuación consistiu na retirada da antiga caldeira de gasóleo, instalada no ano 1990, e a súa substitución por dúas caldeiras en tándem de biomasa (pellets), coa instalación dos correspondentes silos de almacenaxe. Ademais, realizouse unha reforma integral da sala de máquinas, incorporando sistemas de ventilación e regulación máis eficientes, circuladoras de alta eficiencia, contadores de enerxía e medidas de protección contra incendios, todo en consonancia coas esixencias do RITE 2019 e do CTE-DB-SI.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada da concelleira Mali Méndez achegouse ata o edificio para comprobar o funcionamento do novo sistema e destacou que a obra “supón un paso moi importante para mellorar as instalacións da Casa do Mar, reducindo consumos enerxéticos e apostando por unha fonte renovable como a biomasa, que é máis sostible e respectuosa co medio ambiente”.

Durante a visita, a alcaldesa aproveitou para compartir uns intres con membros da asociación Terra Mar, que teñen neste edificio o seu local social e fan uso diario das instalacións, para compartir con eles as primeiras impresións do novo sistema de calefacción, salientando “a importancia de que este tipo de melloras repercutan directamente no confort e na calidade dos servizos que se prestan ás persoas usuarias e ás asociacións que dan vida a este espazo” .

A alcaldesa engadiu tamén que “a Casa do Mar é un espazo fundamental para a vida social de Cervo: nela atópase a escola infantil, celébranse actividades deportivas e culturais, acolle os programas Arruguiñas e Cervo Concilia, e serve de punto de encontro para diferentes asociacións do municipio. Con esta mellora garantimos un servizo máis eficiente e un maior confort para todas as persoas usuarias”.

Con este proxecto, o Concello de Cervo dá un novo paso na súa aposta pola eficiencia enerxética e pola sostibilidade, modernizando un edificio municipal clave e reducindo a súa pegada ambiental.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...