InicioOccidentalCervo"Unha vela por ti", homenaxe de Cervo ás vítimas de violencia machista...

“Unha vela por ti”, homenaxe de Cervo ás vítimas de violencia machista no 25N

Dolores García Caramés salientou que "a loita contra a violencia de xénero é unha responsabilidade colectiva; acendemos velas para lembrar, acompañar e tamén para manter viva a esperanza".

Publicada o

- Advertisement -

O acto “Unha vela por ti” para celebrar o 25N no Concello de Cervo finalmente se celebrou na Casa do Mar debido ás condicións climatolóxicas, reuniu veciñanza, entidades e representantes municipais nunha xornada emotiva, de memoria e compromiso.

A alcaldesa Dolores García Caramés salientou que “a loita contra a violencia de xénero é unha responsabilidade colectiva; acendemos velas para lembrar, acompañar e tamén para manter viva a esperanza”.

Tivo palabras especiais para Adela e María José, dúas veciñas que permanecen na nosa memoria e que nos lembran a necesidade de non mirar cara outro lado.

O Concello agradeceu a colaboración de Mulleres en Igualdade Cervo, Saúde Mental A Mariña, ANPA CEIP Cervo, ANPA CEIP Península da Paz, así como á artista Verónica Cambón, que unha vez máis puxo voz e sensibilidade a este acto.

Tamén lembrou o traballo de Pilar, concelleira de Muller e Igualdade, e de todos os traballadores municipais que colaboraron na organización.

A recadación obtida destinarase á Vivenda Tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental da Asociación Saúde Mental A Mariña, porque apoiar, protexer e acompañar é tamén actuar. “Cervo non dará nin un paso atrás na defensa da igualdade e na protección das mulleres”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...