InicioOccidentalCervoCervo conmemora 25N no Salón de Actos da Casa do Mar en...

Cervo conmemora 25N no Salón de Actos da Casa do Mar en San Cibrao

A alcaldesa Dolores García Caramés, destacou que “desde o Concello de Cervo reafirmamos o noso compromiso firme e decidido na loita contra a violencia de xénero, poñendo no centro ás vítimas e á prevención"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de presentar a programación institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data na que se fai un chamamento á unidade social e ao compromiso colectivo para erradicar esta lacra. O cartel da campaña recolle o lema “Unha vela por ti”, símbolo de memoria, acompañamento e esperanza e foi presentado esta tarde pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, por representantes das ANPAS e da comunidade educativa, da asociación Mujeres en Igualdade de Cervo e da asociación Saúde Mental A Mariña que colaboran no programa.

O martes 25 de novembro, ás 19:00 horas na Praza dos Campos, terá lugar o acto central “Unha vela por ti”, que incluirá a lectura de manifestos, ademais dun acto solidario cuxa recadación se destinará á Vivenda Tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental da Asociación Saúde Mental A Mariña. A xornada completase coa actuación musical de Verónica Cambón.

A programación inclúe tamén actividades específicas para a comunidade educativa. O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistirá á obra “Os soños de Adelina”, do Grupo de Teatro A Mariña, que se representará:

O día 25 ás 12:30 horas no Ceip Península da Paz

O día 26 ás 12:30 horas no Ceip de Cervo

A alcaldesa destacou que “desde o Concello de Cervo reafirmamos o noso compromiso firme e decidido na loita contra a violencia de xénero, poñendo no centro ás vítimas e á prevención. O 25N é unha data para lembrar, visibilizar e avanzar xuntos cara a un futuro libre de violencia”.

O Concello convida a toda a veciñanza a participar nos actos programados e a acompañar ás mulleres que sofren ou sufriron violencia, facendo comunidade e facendo conciencia.

Findes anfibios

Durante este fin de semana, no marco do noso Finde Anfibio, os nenos e nenas de Cervo participaron nunha actividade creativa co obxectivo de reflexionar sobre a igualdade e o respecto.

O resultado foi un mural, cheo de bolboretas, flores e mensaxes que representan liberdade, convivencia e esperanza. 

“Desde o Concello de Cervo queremos agradecer a súa participación e lembrar a importancia de educar ás novas xeracións en valores que constrúan un futuro sen violencia”.

 25N – Contra a violencia machista, unidade e conciencia.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...

Viveiro inviste case 500.000 euros nun proxecto para obradoiros de emprego

O Concello de Viveiro vén de obter unha subvención de 454.552 euros para a...