InicioOccidentalCervoVeciños de Lieiro, Cervo, celebran a súa comida anual para reunir a...

Veciños de Lieiro, Cervo, celebran a súa comida anual para reunir a veciñanza

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro celebrou este domingo a súa xa tradicional comida anual, un encontro que ano tras ano reúne á veciñanza nun ambiente de convivencia e confraternidade.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, non quixo perderse o encontro e trasladou unhas palabras de agradecemento pola invitación e puxo en valor o enorme esforzo que a asociación realiza ao longo de todo o ano para manter vivas as actividades, a cohesión social e o espírito participativo da parroquia.

Durante o acto, destacouse o labor desinteresado de todas as persoas que colaboran na organización deste tipo de eventos, que fortalecen lazos e axudan a preservar tradicións que forman parte da identidade da nosa comunidade. A xornada continuou nun ambiente familiar, rodeada de boas conversas e reencontros entre a veciñanza de Lieiro.

A tarde rematou cun novo guateque de arruguiñas que animou aínda máis a xuntanza. A música e a enerxía de Doble B fixeron que grandes e pequenos se animasen a bailar, creando unha atmosfera alegre e chea de vida que puxo o broche perfecto a unha celebración tan especial.

Un día completo, cheo de emocións, participación e comunidade. Grazas a todas as persoas que o fixeron posible.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...