InicioOccidentalCervoCervo celebra o centenario da súa veciña María Adela

Cervo celebra o centenario da súa veciña María Adela

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo felicitou este sábado a María Adela Rouco Basanta, veciña de Viladesuso, que este día cumpre nada menos que un século.

María Adela celebrou esta data tan especial acompañada dos seus 4 fillos, 5 netos e 2 bisnetos, nun xantar familiar cheo de emoción e cariño. 

Mantense vital, activa e totalmente autónoma, cun humor envexable que contaxia a todos os que a rodean. 

Apaixonada da cociña, continúa gozando de estar entre os fogóns e de preparar un bo cocido, do que é mestra indiscutible.

Ata o restaurante onde estaban de celebración, achegouse a alcaldesa, Dolores García Caramés, para entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza e trasladarlle os máis agarimosos parabéns polo seu centenario.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...