InicioOccidentalCervoCervo conmemora o 25N con actos de sensibilización contra a violencia de...

Cervo conmemora o 25N con actos de sensibilización contra a violencia de xénero

O Concello convida a toda a veciñanza a participar nos actos programados e a acompañar ás mulleres que sofren ou sufriron violencia, facendo comunidade e facendo conciencia.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de presentar a programación institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data na que se fai un chamamento á unidade social e ao compromiso colectivo para erradicar esta lacra.

O cartel da campaña recolle o lema “Unha vela por ti”, símbolo de memoria, acompañamento e esperanza e foi presentado esta tarde pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, por representantes das ANPAS e da comunidade educativa, da asociación Mujeres en Igualdade de Cervo e da asociación Saúde Mental A Mariña que colaboran no programa.

O martes 25 de novembro, ás 19:00 horas na Praza dos Campos, terá lugar o acto central “Unha vela por ti”, que incluirá a lectura de manifestos, ademais dun acto solidario cuxa recadación se destinará á Vivenda Tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental da Asociación Saúde Mental A Mariña. A xornada completase coa actuación musical de Verónica Cambón.

A programación inclúe tamén actividades específicas para a comunidade educativa. O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistirá á obra “Os soños de Adelina”, do Grupo de Teatro A Mariña, que se representará:

O día 25 ás 12:30 horas no Ceip Península da Paz

O día 26 ás 12:30 horas no Ceip de Cervo

A alcaldesa destacou que “desde o Concello de Cervo reafirmamos o noso compromiso firme e decidido na loita contra a violencia de xénero, poñendo no centro ás vítimas e á prevención. O 25N é unha data para lembrar, visibilizar e avanzar xuntos cara a un futuro libre de violencia”.

O Concello convida a toda a veciñanza a participar nos actos programados e a acompañar ás mulleres que sofren ou sufriron violencia, facendo comunidade e facendo conciencia.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...