InicioOccidentalCervoCervo participou na Comisión de Pesca da FEMP en Cantabria

Cervo participou na Comisión de Pesca da FEMP en Cantabria

O relevo xeracional no sector pesqueiro foi un dos temas centrais da xornada. A falta de incorporación de xente nova está a afectar gravemente a continuidade da actividade pesqueira, unha problemática común en todos os territorios costeiros. A comisión está a traballar en propostas para dignificar o sector.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, desprazouse este luns aos municipios cántabros de Argoños e Colindres para participar na reunión da Comisión de Pesca, Costas e Insularidade da FEMP, da que é integrante.

O relevo xeracional no sector pesqueiro foi un dos temas centrais da xornada. A falta de incorporación de xente nova está a afectar gravemente a continuidade da actividade pesqueira, unha problemática común en todos os territorios costeiros. A comisión está a traballar en propostas para dignificar o sector. E neste senso, a rexedora sinalou que sería interesante tamén achegar cursos formativos aos concellos para apoiar a chegada de  novos profesionais e garantir a continuidade da actividade.

Ademais deste asunto prioritario, a reunión tamén abordou a necesidade de reforzar a coordinación institucional fronte á contaminación mariña, a situación de infraestruturas tradicionais ameazadas pola Lei de Costas e a problemática da alga invasora rugulopteryx okamura.


No punto relativo á Lei de Costas, a alcaldesa salientou o exemplo de Galicia coa recente transferencia da xestión do litoral efectiva desde o pasado 1 de xullo que foi un paso histórico para a comunidade.
 Destacou que esta medida proporciona seguridade xurídica a miles de edificaciones e empresas do sector marítimo, facilita unha xestión máis próxima e sostible,  compatibilizando  a protección do litoral co desenvolvemento económico e social ligado ao mar.


A xornada completouse cunha visita á Confraría de Pescadores de San Ginés, ao porto pesqueiro e a varios proxectos costeiros apoiados polo Grupo de Acción Costeira Oriental de Cantabria. Desde o Concello de Cervo destacamos a importancia de participar nestes espazos de diálogo para defender os intereses do noso territorio e apoiar o futuro do sector pesqueiro.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...