InicioOccidentalCervoO samaín de Cervo encherá a fin de semana de actividades para...

O samaín de Cervo encherá a fin de semana de actividades para todos

O Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións, prepara unha fin de semana chea de propostas para celebrar o Samaín e o outono con actividades pensadas para todos os públicos. 

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións, prepara unha fin de semana chea de propostas para celebrar o Samaín e o outono con actividades pensadas para todos os públicos. 

FESTA DE SAMAÍN EN CERVO
O venres 31 de outubro, a partir das 17:30 horas, as Escolas Vellas de Cervo acollerán a Festa de Samaín, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.
Haberá un taller de Samaín e a actuación infantil “Abracadaver”, pensada para os máis pequenos, nun ambiente cheo de maxia e diversión.

 FINDE ANFIBIO TERRORÍFICO – OBRADOIRO DE SAMAÍN INFANTIL
O sábado 1 de novembro, de 10:00 a 12:00 horas, celebrarase na Casa da Cultura un obradoiro de Samaín, dirixido a nenos e nenas de infantil e primaria, para desfrutar dunha mañá creativa e moi especial.

MAGOSTO MUSICAL EN SAN ROMÁN
Tamén o sábado 1 de novembro, a partir das 18:00 horas, o Pavillón de San Román será escenario do 1º Magosto Musical, organizado polo grupo Fol do Raxal coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade de Montes de San Román de Vilaestrofe.

A xornada contará coas actuacións de:

  •  Foles de Viveiro
  •  Dambara
  •  Arume
  •  Fol do Raxal

E non faltarán: Castañas de balde, Bolos preñados, Cantina e  Foliada libre ao remate (trae o teu instrumento e súmate á festa).

CONTOS, CASTAÑAS E TEAS DE ARAÑA EN SAN CIPRIÁN
O domingo 2 de novembro, ás 12:30 horas, a Casa do Mar de San Ciprián acollerá o espectáculo “Contos, castañas e teas de araña”, da man de Marta Ortiz.
Unha actividade familiar para pechar cun sorriso unha fin de semana chea de tradición, historias e sabor outonal.

Desde o Concello de Cervo convidan a toda a veciñanza e visitantes a participar nestas propostas, que combinan a tradición galega co espírito festivo do Samaín.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...