InicioOccidentalViveiroCervo realiza unha mellora integral na contorna dos fornos de Sargadelos

Cervo realiza unha mellora integral na contorna dos fornos de Sargadelos

A obra supón un investimento de case 50.000 euros financiado pola Axencia de Turismo de Galicia e busca incrementar o atractivo turístico e patrimonial desta zona tan importante para o municipio

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo segue a reforzar a súa aposta pola conservación e posta en valor do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos a través dunha nova actuación que mellora a accesibilidade e pon en valor a zona de esparcemento, un espazo clave pola súa beleza natural e o seu valor cultural e turístico.

As obras, en concreto, abranguen o acondicionamento e axardinamento do terreo da contorna dos antigos fornos de fundición favorecendo que poidan visitarse, e converterse así nun novo recurso turístico, incidindo sempre na integración paisaxística. Ademais a zona tamén se dotará de novo mobiliario —mesas, bancos e asadores de granito— pensado para o desfrute de veciños e visitantes.

Ademais, o proxecto contempla a creación dun itinerario accesible ou a instalación dun espazo específico para bicicletas, favorecendo unha mobilidade máis sostible e segura. Tamén se executan canalizacións e arquetas para unha futura iluminación ornamental que realzará os elementos arquitectónicos e o valor patrimonial de todo o conxunto.

Esta intervención, financiada pola Axencia de Turismo de Galicia cun investimento próximo aos 50.000 euros, forma parte do programa de mellora de infraestruturas turísticas nos concellos de ata 10.000 habitantes, e supón un paso máis na aposta do Concello pola recuperación e revitalización deste enclave tan emblemático, situado no corazón de Cervo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez supervisaron os traballos e destacaron que esta nova actuación “contribúe a facer de Sargadelos un espazo máis atractivo, accesible e sostible, reforzando o seu papel como un dos principais reclamos turísticos, culturais e patrimoniais do municipio e consolidándoo como punto de encontro e de referencia cultural para veciños e visitantes”.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...