InicioOccidentalCervoCervo convida a participar nas Festas de Castelo esta fin de semana

Cervo convida a participar nas Festas de Castelo esta fin de semana

O recinto festivo contará cun servizo de carpa para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente da meteoroloxía.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes a participar nas tradicionais Festas na Honra da Nosa Señora do Rosario en Castelo, que se celebrarán na fin de semana, os días 4 e 5 de outubro organizadas pola asoc. Cabaleiros do Xunco en colaboración co Concello de Cervo e a Comunidade de Montes Medela e Rozada.

O programa comezará o sábado 4 cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, seguida da procesión e da sesión vermú co Grupo Fénix. Pola noite, ás 22:00 horas, terá lugar a gran verbena amenizada polo Grupo Fénix e por Tania Veiras.

O domingo 5 celebrarase novamente a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, coa súa correspondente procesión, e a sesión vermú estará amenizada polo Dúo Belinda.

O recinto festivo contará cun servizo de carpa para garantir o desenvolvemento das actividades independentemente da meteoroloxía.

O Concello anima a toda a cidadanía a gozar dunha fin de semana de tradición, música e convivencia que inaugurará este mes de outubro.

Na presentación, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, o concelleiro Alfredo Fernánde, emembros da comisión organizadora da Festa.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...