InicioOccidentalCervoCervo aproba a elaboración da RPT seguindo a folla de ruta do...

Cervo aproba a elaboración da RPT seguindo a folla de ruta do goberno local

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, comunicou aos representantes dos traballadores a aprobación formal da elaboración da RPT, tendo unha acollida positiva por parte dos mesmos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo continúa dando pasos adiante na elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT), un trámite complexo que require tempo e un exhaustivo análise técnico, e que se está a desenvolver conforme á folla de ruta marcada no inicio da lexislatura.

No marco da Mesa Xeral de Negociación celebrada onte, a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, comunicou aos representantes dos traballadores a aprobación formal da elaboración da RPT, tendo unha acollida positiva por parte dos mesmos “isto amosa con claridade que este equipo de goberno ten un compromiso firme coa mellora das condicións dos traballadores, posto que isto reflicte directamente na veciñanza e nuns servizos de maior calidade”.

García Caramés apelou á responsabilidade e á colaboración de todas as partes para culminar con éxito este proceso “estamos a traballar con seriedade, analizando todo ao detalle, e con vontade de chegar a un bo resultado para todos. É momento de remar xuntos para mellorar a organización e os servizos municipais. Ao final, todos estamos a traballar pola veciñanza de Cervo, e queremos que por eles todo funcione ben”.

Finalmente, a alcaldesa lembrou que nos próximos meses se convocarán novas reunións para seguir informando ao Comité de Empresa dos avances no expediente e avanzar de maneira conxunta no proceso da RPT.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...