O Concello de Cervo presenta o programa das Festas na Honra á Virxe dos Dolores 2025, que se celebrarán esta fin de semana.
O Concello de Cervo, en colaboración coa Asociación Virxe dos Dolores, organiza unha nova edición das tradicionais Festas na Honra á Virxe dos Dolores, que se celebrarán durante esta fin de semana, os días sábado 27 e domingo 28 de setembro, na parroquia de Cervo.
O programa foi presentado esta semana pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polo concelleiro de Medio Rural, Adrián Arias, e por Federico, membro da Asociación Virxe dos Dolores, entidade organizadora do evento.
Durante a presentación, destacaron a importancia de conservar e apoiar as festas tradicionais do municipio, que forman parte do patrimonio cultural e social da veciñanza. A alcaldesa subliñou que “trátase dunha cita moi especial para moitas familias da parroquia, un punto de encontro no que se combina a devoción coa música e o ambiente festivo”.
