InicioOccidentalCervoCervo cede o local do Club Social de Ríocobo para dinamizar este...

Cervo cede o local do Club Social de Ríocobo para dinamizar este espazo

O Concello de Cervo vén de ceder, en réxime de arrendamento, o uso do local Social de Riocobo para a posta en marcha da nova cafetería “O Club”, liderada polos mozos cervenses Adrián Cao Borrajo e Alejandro Molina Otero.

Publicada o

- Advertisement -

O emprendedores Adrián Cao Borrajo e Alejandro Molina Otero impulsan “O Club”, un espazo hostaleiro e cultural que será un novo punto de encontro veciñal chamado para dar un impulso á vida social e económica desa zona 

O Concello de Cervo vén de ceder, en réxime de arrendamento, o uso do local Social de Riocobo para a posta en marcha da nova cafetería “O Club”, liderada polos mozos cervenses Adrián Cao Borrajo e Alejandro Molina Otero.

Con esta iniciativa, o espazo emblemático de Ríocobo recupérase como punto de encontro veciñal, ampliando os servizos á cidadanía e ofrecendo unha programación cultural e social de primeiro nivel. Ademais do servizo de bar-cafetería con produtos locais de calidade, “O Club” acollerá concertos acústicos, espectáculos de humor, cine-fórum, exposicións, obradoiros, clubs de lectura e actividades para todas as idades, así como programas especiais en verán e Nadal.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, salientou que “con esta cesión ampliamos servizos e recuperamos unhas instalacións que son referencia no noso concello, ao tempo que apoiamos o autoemprego e xeramos novas oportunidades de dinamización económica e cultural”. A o mesmo tempo, quixo desexar moita sorte a Adrián e Alejandro nesta nova etapa, confiando en que o seu proxecto será un éxito e beneficiará a todo o Concello.

Adrián e Alejandro amósanse ilusionados por poñer en marcha este proxecto, “que nace coa vontade de ser un lugar de encontro aberto a todo o municipio, pensado para convivir, compartir e dinamizar a vida social de Ríocobo e de todo o Concello.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...