InicioOccidentalCervoCervo promove un ciclo formación e sensibilización en corresponsabilidade

Cervo promove un ciclo formación e sensibilización en corresponsabilidade

Este ciclo enmárcase dentro do Plan Corresponsables en Cervo 2025, financiado pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, que promove, neste caso accións de sensibilización e formación en materia de corresponsabilidade e coidados, facendo especial fincapé na participación activa dos homes e das familia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo celebrou este pasado xoves, na Casa da Cultura de San Cibrao, a primeira das charlas de formación en corresponsabilidade, en colaboración con UniSer Coaching. 

A sesión levou por título “Corresponsabilidade na comunicación afectiva funcional”.

Este ciclo enmárcase dentro do Plan Corresponsables en Cervo 2025, financiado pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, que promove, neste caso accións de sensibilización e formación en materia de corresponsabilidade e coidados, facendo especial fincapé na participación activa dos homes e das familias.

Desde o Concello de Cervo destacan que este tipo de iniciativas son fundamentais para avanzar cara unha sociedade máis igualitaria, xa que ofrecen ferramentas prácticas para mellorar a comunicación nas relacións persoais, fomentar unha educación en valores de respecto e empatía, e impulsar a corresponsabilidade tanto no fogar como nos centros educativos.

Ademais, contribúen a previr situacións de desigualdade, conflito e violencia, promovendo unha convivencia baseada na cooperación e na corresponsabilidade compartida.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, subliñou que “apostamos firmemente pola corresponsabilidade como un valor fundamental para o benestar das familias e da sociedade en xeral. Con este ciclo de charlas queremos abrir espazos de reflexión e aprendizaxe que axuden a compartir responsabilidades e a educar en igualdade desde as idades máis temperás”.

As próximas citas serán as seguintes, sempre ás 18:00 horas:

Xoves 18 de setembro – Corresponsabilidade na educación sobre o acoso escolar
Martes 23 de setembro – Corresponsabilidade na educación sobre a motivación e disciplina
Xoves 25 de setembro (online) – Corresponsabilidade na educación sobre o uso das tecnoloxías

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a participar neste espazo de encontro, aprendizaxe e reflexión colectiva, que busca non só formar, senón tamén xerar conciencia sobre a necesidade de compartir responsabilidades e coidados para construír unha sociedade máis xusta e corresponsable.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...