InicioOccidentalCervoCervo celebrou a primeira charla de formación en corresponsabilidade

Cervo celebrou a primeira charla de formación en corresponsabilidade

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, subliñou que “apostamos firmemente pola corresponsabilidade como un valor fundamental para o benestar das familias e da sociedade en xeral"

Publicada o

- Advertisement -

 Concello de Cervo celebrou esta tarde, na Casa da Cultura de San Cibrao, a primeira das charlas de formación en corresponsabilidade, en colaboración con Uniser Coaching. 
A sesión levou por título “Corresponsabilidade na comunicación afectiva funcional” e contou cunha boa acollida entre o público asistente.


Este ciclo enmárcase dentro do Plan Corresponsables 2025, financiado pola Unión Europea e pola Xunta de Galicia, que promove accións de sensibilización e formación en materia de corresponsabilidade e coidados, facendo especial fincapé na participación activa dos homes e das familias.


Desde o Concello de Cervo destacan que este tipo de iniciativas son fundamentais para avanzar cara unha sociedade máis igualitaria, xa que ofrecen ferramentas prácticas para mellorar a comunicación nas relacións persoais, fomentar unha educación en valores de respecto e empatía, e impulsar a corresponsabilidade tanto no fogar como nos centros educativos.


Ademais, contribúen a previr situacións de desigualdade, conflito e violencia, promovendo unha convivencia baseada na cooperación e na corresponsabilidade compartida.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, subliñou que “apostamos firmemente pola corresponsabilidade como un valor fundamental para o benestar das familias e da sociedade en xeral. Con este ciclo de charlas queremos abrir espazos de reflexión e aprendizaxe que axuden a compartir responsabilidades e a educar en igualdade desde as idades máis temperás”.

As próximas citas serán as seguintes, sempre ás 18:00 horas:

Xoves 18 de setembro – Corresponsabilidade na educación sobre o acoso escolar

Martes 23 de setembro – Corresponsabilidade na educación sobre a motivación e disciplina

Xoves 25 de setembro (online) – Corresponsabilidade na educación sobre o uso das tecnoloxías

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a participar neste espazo de encontro, aprendizaxe e reflexión colectiva, que busca non só formar, senón tamén xerar conciencia sobre a necesidade de compartir responsabilidades e coidados para construír unha sociedade máis xusta e corresponsable.

ÚLTIMAS

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...

Burela colabora co Bal y Gay para unha nova cita coa música clásica

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14...

Primeiro parte da AEMET sobre o día da eclipse: Ceos nubrados no Cantábrico e litoral galego, con choivas no leste

O 12 de agosto, día da eclipse solar, será unha xornada marcada por unha...

Ribadeo prevé un aumento de 1.000 habitantes coas 300 vivendas proxectadas no PIA

O alcalde, Dani Vega, dixo que “tanto o Concello como a Xunta estamos a...