InicioOccidentalCervoNova edición do programa de conciliación en Cervo

Nova edición do programa de conciliación en Cervo

A iniciativa, que se desenvolverá ao longo do curso 2025-2026 na Casa da Cultura de San Cibrao, inclúe unha ampla oferta de obradoiros lúdicos e educativos, pensados para estimular a creatividade, a aprendizaxe e a convivencia dos máis novos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de presentar unha nova edición do programa de ocio e tempo libre “Brincos de Lecer coa Ra Ramira”, dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do municipio.

A iniciativa, que se desenvolverá ao longo do curso 2025-2026 na Casa da Cultura de San Cibrao, inclúe unha ampla oferta de obradoiros lúdicos e educativos, pensados para estimular a creatividade, a aprendizaxe e a convivencia dos máis novos.

A gran novidade deste curso será o obradoiro “Playing in English”, unha actividade destinada a mellorar o idioma inglés a través do xogo, en colaboración coa English School de San Cibrao. Está dirixido a alumnado de Infantil, Primaria e 1º e 2º de ESO, con grupos e horarios adaptados a cada nivel:

Luns · 17:30-18:30 → Infantil

Martes · 17:30-18:30 → 1º e 2º de Primaria

Martes · 18:30-19:30 → 3º e 4º de Primaria

Mércores · 18:30-19:30 → 5º e 6º de Primaria

Xoves · 18:30-19:30 → 1º e 2º da ESO

Ademais, manteranse as actividades que xa tiveron moi boa acollida na pasada edición:

Brincos: actividades de entretemento para alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil.

Croacbooking: obradoiro de manualidades para alumnado de Primaria.

Ramira de Castro: actividades de escritura creativa para alumnado de Primaria.

Problemas na Charca: xogos e actividades matemáticas para alumnado de Primaria.

Club de Ramira: lectura divertida para alumnado de 1º e 2º de ESO.

Aprender a Aprender: estratexias de memoria e atención para o estudo, dirixido a alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO.

Findes Anfibios: obradoiros temáticos que se celebrarán dúas fins de semana ao mes, para alumnado de Primaria.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, explicou que “repetimos a iniciativa que tivo moi boa acollida o curso pasado cando arrincou, xa que buscamos ofrecer ás familias unha nova ferramenta de conciliación tamén durante o curso, nun espazo seguro, educativo e divertido no que poidan aprender, facer amizades e desenvolver a súa creatividade as crianzas. Este ano reforzamos o programa cunha novidade moi especial, o obradoiro de inglés, que supón unha oportunidade para que practiquen o idioma dunha maneira divertida e dinámica”.

As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de tarde, con grupos diferenciados segundo a idade e nivel educativo. Ademais, os “Findes Anfibios” celebraranse dúas fins de semana ao mes.

As familias interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de San Cibrao.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...