InicioOccidentalCervoClausurado o programa Cervo Concilia 2025 con máis de 160 nenos e...

Clausurado o programa Cervo Concilia 2025 con máis de 160 nenos e nenas

A alcaldesa quixo agradecer o gran traballo das monitoras e voluntarias “pola súa implicación e entrega durante todo o verán, un labor fundamental que é chave no éxito do programa”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do Cervo Concilia, que se desenvolveu ao longo do verán ata o inicio do novo curso escolar, que terá lugar este mércores. Nesta ocasión participaron máis de 160 nenos e nenas, cubríndose ao 100% a demanda existente.

A alcaldesa, Dolores García Caramés,  acompañou aos rapaces nesta xornada especial na que tamén desfrutaron de divertidos inchables na Praza dos Campos.

O programa Cervo Concilia, convertido xa nun clásico do verán cervense, estivo dirixido a crianzas de entre 3 e 12 anos, que puideron gozar de actividades tan variadas como teatro, ioga, kaiak ou sendeirismo. Tal e como apuntou a rexedora, “Cervo Concilia pretende ser moito máis que unha simple alternativa ás vacacións escolares: constrúese sobre unha programación diversa, chea de propostas que fomentan o desenvolvemento persoal das crianzas”, desde o deporte, talleres creativos e actividades ao aire libre, ata iniciativas educativas que reforzan valores como o traballo en equipo, o respecto pola contorna ou a solidariedade.

A alcaldesa destacou que o obxectivo do programa “non é só ofrecer ás crianzas un espazo seguro de aprendizaxe e diversión, senón tamén, e sobre todo, contribuír de xeito significativo á conciliación da vida familiar e laboral”. Engadiu que “somos conscientes de que a conciliación é un dos grandes desafíos actuais para as familias, especialmente nos meses de verán, cando as obrigas laborais non se deteñen; por iso tratamos de ofrecer solucións como o Cervo Concilia, que garantan ás familias a tranquilidade de saber que os seus fillos están nunha contorna segura e enriquecedora”.

A rexedora tamén puxo en valor o traballo do equipo humano formado por 13 monitores e 10 voluntarios: “a súa dedicación é esencial para que o programa funcione, permitindo que as crianzas se divirtan ao tempo que aprenden, socializan, fan amizades novas e viven experiencias que, sen dúbida, lembrarán durante anos”.

Finalmente, quixo agradecer tamén ás familias a confianza depositada: “desde o Concello seguiremos a impulsar este tipo de iniciativas, que resultan imprescindibles para equilibrar a vida laboral e persoal”.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...