InicioOccidentalCervoMariña Patrimonio e Concello de Cervo asinan un convenio para manter o...

Mariña Patrimonio e Concello de Cervo asinan un convenio para manter o Castro de Rueta

O resultado destes traballos de desbroce volve ser espectacular, amosando novamente un xacemento arqueolóxico impresionante e enigmático, sen dúbida un dos castros costeiros máis destacados non só da Mariña, senón de toda Galicia

Publicada o

- Advertisement -

Hai dous anos, Mariña Patrimonio promoveu unha intervención arqueolóxica non invasiva no Castro de Rueta, en Cervo, que incluíu a roza da cuberta vexetal que impedía ver o xacemento. O ano pasado, o Concello de Cervo e os propietarios dos terreos chegaron a un acordo para manter o castro libre de maleza, e o Concello procedeu a realizar a súa roza.

En xuño deste ano, o Concello e Mariña Patrimonio asinaron un convenio polo que a asociación se encarga da xestión da roza do xacemento, contando cunha subvención nominativa municipal. O corte da maleza realizouse con maquinaria lixeira portátil entre mediados de xullo e comezos de agosto. A intención de Mariña Patrimonio e do Concello de Cervo é continuar realizando estas rozas de forma periódica, co fin de conservar o xacemento cunha capa de vexetación controlada que permita a súa visita, especialmente na primavera e no verán, cando este impresionante xacemento arqueolóxico pode recibir máis visitas.

O resultado destes traballos de desbroce volve ser espectacular, amosando novamente un xacemento arqueolóxico impresionante e enigmático, sen dúbida un dos castros costeiros máis destacados non só da Mariña, senón de toda Galicia. Merece a pena facerlle unha visita, e animamos á xente a que se achegue para coñecer e gozar deste importante ben patrimonial

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...