Cervo celebra unha nova actividade dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
A través de obradoiros adaptados por idades, traballamos:
A educación en igualdade desde a infancia
A visibilización do papel das mulleres en ámbitos tradicionalmente masculinizados
A sensibilización fronte aos estereotipos de xénero
A adquisición de termos básicos de igualdade
A creación dun espazo lúdico e participativo
Participaron todas as crianzas de Cervo Concilia divididas en grupos:
Grupo Infantil (3 a 6 anos): Asemblea de palabras bonitas
Cada neno e nena achegou palabras relacionadas co respecto, a amizade e a igualdade, creando un mural colaborativo.
Grupo Primaria (7 a 12 anos): Bingo da igualdade de xénero
Un xogo para traballar conceptos clave de igualdade e detectar estereotipos, ademais de abordar de xeito adaptado a escalada da violencia de xénero na adolescencia.
Ademais, crearon o camiño da igualdade con chocolate e recibiron cadansúa viseira azul coa mensaxe da campaña para lembrar que a igualdade tamén se aprende xogando.
