InicioOccidentalCervoCervo celebra o segundo programa "Arruguiñas" en San Cibrao

Cervo celebra o segundo programa “Arruguiñas” en San Cibrao

Esta iniciativa busca animar e facer máis ameno o día a día das persoas que asisten ao centro, promovendo a participación activa e as actividades grupais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo levou, por segundo ano consecutivo, o programa “Arruguiñas” ao Centro de Día Residencia, situado en San Cibrao.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, estivo este mércores coas persoas usuarias, no que foi o derradeiro taller do curso que contou con diferentes talleres de manualidades e actividades de desenvolvemento cognitivo, co obxectivo de contribuír co centro na mellora do benestar das persoas usuarias e que tiveron unha moi boa acollida.

Esta iniciativa, pois, busca animar e facer máis ameno o día a día das persoas que asisten ao centro, promovendo a participación activa e as actividades grupais.

A alcaldesa puxo de manifesto a importancia de levar estas actividades directamente aos espazos onde conviven os nosos maiores “cremos que é fundamental que dispoñan de actividades que lles axuden a manter a mente activa e a sentirse acompañados, mellorando así a súa calidade de vida e o seu benestar diario”.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...