InicioOccidentalCervoCervo mellora as vías de comunicación do lugar de Motín, parroquia de...

Cervo mellora as vías de comunicación do lugar de Motín, parroquia de Castelo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo traballa estes días na mellora e acondicionamento das vías de comunicación do Lugar de Motín, na parroquia de Castelo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse este mediodía ata a zona en compañía do pedáneo, para supervisar in situ a obra que supón un orzamento superior aos 120.000 euros -123.282,76 concretamente- procedentes do Plan Único.

Tal e como explicou estase a actuar sobre unha superficie de 2260 metros lineais “unha obra que suporá a renovación integral do firme de varios tramos que se atopaban deteriorados e unha importante mellora para a calidade de vida da veciñanza, garantindo un acabado duradeiro e unha maior seguridade viaria e facilitando a mobilidade tanto para os particulares como para os vehículos agrícolas”.

Este tipo de proxectos –afondou- reflicten o noso compromiso co rural, co equilibrio territorial e coa mellora continua das nosas infraestruturas municipais “seguimos apostando pola vertebración do noso territorio poñendo o foco na busca do equilibrio estre todas as zonas do noso concello, sexan rurais ou urbanas”.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...