InicioOccidentalCervoA Xunta pide ao propietario de Sargadelos "reconsiderar" os despedimentos

A Xunta pide ao propietario de Sargadelos “reconsiderar” os despedimentos

A deputada socialista Lara Méndez cargou contra o "modo antidemocrático" de actuar desta empresa, "máis propio doutros tipos de réxime", cun dono que botou a tres traballadoras "sen ningún motivo" tras decidir pechar a fábrica por mor dun expediente laboral aberto pola Inspección de Traballo por deficiencias en materia de seguridade

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Emprego, José González, pide ao propietario de Sargadelos, Segismundo García, “reconsiderar” os tres despedimentos que realizou na fábrica de Cervo. Tamén compromete a “máxima flexibilidade” para facer obras correspondentes “sempre que o permita a normativa correspondente”, tendo en conta que se trata dun edificio protexido como Ben de Interese Cultural (BIC), así como “respectando dereitos laborais”.

No pleno do Parlamento, a deputada socialista Lara Méndez cargou contra o “modo antidemocrático” de actuar desta empresa, “máis propio doutros tipos de réxime”, cun dono que botou a tres traballadoras “sen ningún motivo” tras decidir pechar a fábrica por mor dun expediente laboral aberto pola Inspección de Traballo por deficiencias en materia de seguridade. Alerta de que outro nove empregados están coa “lupa posta encima”.

En resposta, o conselleiro avogou por mediar nesta cuestión con “rigor, seriedade e discreción”. Unha cuestión que contrapuxo cun PSdeG que decidiu “protagonizar unha performance en propiedade privada de Sargadelos”, en alusión a un incidente no que Segismundo García requiriu a socialistas, durante unhas declaracións de José Ramón Gómez Besteiro, que saísen da súa propiedade en Cervo. “Non invadan propiedades privadas”, aconsellou González aos socialistas.

Incide en “implantar a flexibilidade permitida pola lexislación” para emendar as deficiencias detectadas en Sargadelos. Ademais, di “lamentar” ter que responder sobre despedimentos, polo que require a Segismundo García “reconsiderar” esa decisión. Con todo, agrega: “Se un empresario, cumprindo a lexislación laboral, decide despedir aos traballadores, que é o que se pode facer desde o punto de vista da autoridade laboral?”.

Na súa quenda de réplica, a deputada socialista censurou que o conselleiro tache de “performance” que o PSdeG acudise a Cervo a “defender” o emprego dos traballadores.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...