InicioOccidentalCervoCervo: II Festival Espallando Letras en San Román o 17 de maio

Cervo: II Festival Espallando Letras en San Román o 17 de maio

Publicada o

- Advertisement -

O pavillón de San Román acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, o II Festival Espallando Letras, organizado pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, e Airiños do Xunco, coa colaboración do Concello de Cervo.

O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación de Cordenaia, de Airiños do Xunco (Cervo); As Grileiras que son o grupo infantil da S.C.R. Ledicia (Burela), As Ferriñas e As Faíscas de Os do 21 (O Vicedo), a asociación cultural Osorio Gutiérrez (Lourenzá) e Erikas e Peluxías (Grupo de Falapandeireta na Escola Vella de Rinlo).

Ademais haberá racións de empanada e bolos preñados a prezos populares durante a tarde.

A cita foi presentada pola tenente de alcaldesa, Mali Méndez, o edil de Zona Rural, Adrián Arias e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello.

Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e visitantes a participar neste encontro fermoso e significativo para as nosas letras, a nosa cultura e as nosas tradicións, e que é un reflexo da riqueza cultural da bisbarra; “o noso agradecemento ás asociacións que o fan posible”.

Ademais, nesta ocasión no que as Letras Galegas rende homenaxe a toda unha tradición viva e moi nosa: ás cantareiras e á poesía popular galega, e que mellor maneira que celebralo que con este festival que mantén viva esa parte tan importante do noso patrimonio cultural.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...