InicioOccidentalCervoCervo convoca un certame de narración e debuxo infantil para o Día...

Cervo convoca un certame de narración e debuxo infantil para o Día das Letras Galegas

Os participantes teñen de prazo ata o 13 de maio para presentar os traballos na Biblioteca Municipal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas.

O alumnado dos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos- recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.

O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo as temática “Ler con Coñecemento”.

O prazo de presentación dos traballos, que deberán ser presentados na biblioteca rematará o vindeiro 13 de maio. O fallo do xurado local farase público antes do 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta primeira fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...