InicioOccidentalCervoCervo celebra dúas xornadas de plantación de árbores autóctonas

Cervo celebra dúas xornadas de plantación de árbores autóctonas

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, acompañada por Zaloa Blanco en representación de Alcoa, e de Pablo García, coordinador de Ecoherencia, participaron co alumnado na actividade que se desenvolveu este mércores nunha finca municipal situada en Sargadelos, no Monte da Escarabelada

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, acolle esta semana, en colaboración con Alcoa e con Ecoherencia, dúas xornadas de plantación de árbores autóctonas que contarán coa participación de oitenta escolares do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz.

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, acompañada por Zaloa Blanco en representación de Alcoa, e de Pablo García, coordinador de Ecoherencia, participaron co alumnado na actividade que se desenvolveu este mércores nunha finca municipal situada en Sargadelos, no Monte da Escarabelada.

Tal e como apuntaron, a rapazada participou na plantación de 100 árbores (castiñeiros, cerdeiras, bidueiras, carballos…). Unha iniciativa didáctica coa que “pretendemos seguir a incidir e concienciar sobre a importancia do coidado dos bosques a través dunha clase teórico-práctica na que adquiriron nocións básicas sobre o aproveitamento produtivo dos nosos montes”.

Desde o Concello poñen en valor suma de esforzos das diferentes entidades que participan na iniciativa en favor do medio ambiente e das xeracións futuras “porque xuntos non só plantamos árbores, senón que cultivamos conciencia, responsabilidade e esperanza”.

A plantación de árbores autóctonas forma parte da política forestal do Concello de Cervo desde o primeiro intre; así, nos últimos quince anos levamos plantadas máis de 10.000 árbores produtivas en máis de 25 hectáreas de monte municipal e comunal; e seguiremos a traballar nesta mesma liña “co obxectivo de deixarlles ás xeracións vindeiras un legado baseado nos bosques autóctonos, no tan habituais a día de hoxe, e amosarlles que poden chegar a converterse, incluso, nun medio de vida no seu futuro; porque sementar vida é sementar futuro”.

Este mércores foi o alumnado do CEIP de Cervo o que participou na plantación, e o venres 11 de abril, será a quenda dos estudantes do CEIP Península da Paz, cunha plantación doutras 100 árbores autóctonas na parcela municipal de Cuíña, que contribuirá a complementar o Plan Intregral de Reforestación que temos en marcha desde hai máis dunha década no Concello de Cervo “un compromiso compartido para coidar o noso planeta”.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...