InicioOccidentalCervoA alcaldesa de Cervo pide unidade cos traballadores de Sargadelos

A alcaldesa de Cervo pide unidade cos traballadores de Sargadelos

O Goberno local insiste en pedirlle ao xerente de Sargadelos que reconsidere o peche da planta en Cervo e que se busquen alternativas que permitan mantela aberta e aos traballadores nos seus postos

Publicada o

- Advertisement -

Dende o equipo de goberno do Concello de Cervo consideran que non aprobar a urxencia da moción presentada polo BNG no último pleno foi unha decisión “prudente e necesaria”. Despois de que a alcaldesa, Dolores García Caramés pasase todo o día na fábrica de Sargadelos, mantendo reunións cos traballadores e a xerencia, e de conversar coa Consellería de Emprego, desde a Xunta de Galicia comprometéronse a mediar coa inspección de traballo para arranxar esta situación, “polo tanto o obxectivo é evitar calquera interferencia política que puidera interromper o proceso de diálogo entre a empresa e a inspección de traballo”.

É importante destacar o contexto no que se produce esta situación: os postos de traballo estaban garantidos polo xerente e o conflito dábase entre as dúas partes, a xerencia da empresa e a inspección de traballo, que lembremos que depende do Ministerio. Desde o Concello insisten en que, “en lugar de politizar o tema, o enfoque da alcaldía foi traballar para atopar unha solución que beneficiase a todos os involucrados e pedir que tamén a Xunta de Galicia puidese mediar entre esas dúas partes, asunto que nos consta que se está realizando, polo que agardamos que todas as administracións tanto autonómicas como estatais resolvan este asunto, sempre respectando a saúde laboral e a normativa que protexa aos traballadores”.

En consecuencia, sorprende a reacción do BNG, “que parece máis interesado en facer política con este tema delicado que en traballar para atopar unha solución real”. A decisión de pechar a planta de fabricación en Cervo “é un conflito complexo que require unha resposta coidadosa e considerada, non unha simple moción de urxencia na que se limitan a instar á administración na que non gobernan e por iso a querían debater”.

O Concello de Cervo actúa coa intención de protexer os intereses dos traballadores, e non para beneficiar a un partido político en particular. “Agardamos que o BNG se una a nós no esforzo de atopar unha solución que beneficie a todos; sobre todo pola gran importancia de manter os postos de traballos e garantir o futuro da fábrica de Sargadelos que é un símbolo cultural, económico e histórico para o noso concello e un símbolo de identidade en toda Galicia”.

“Dende o equipo de goberno do concello, queremos facer un chamamento ao BNG para que se una a nós nun esforzo conxunto. A nosa prioridade é traballar unidos para garantir a protección dos postos de traballo e o benestar da nosa comunidade. Agardamos e desexamos que non sexa necesario debater a moción de urxencia, porque iso significaría que xa conseguimos solucionar esta situación de maneira satisfactoria para todos” explican

O Goberno local insiste en pedirlle ao xerente de Sargadelos que reconsidere o peche da planta en Cervo e que se busquen alternativas que permitan mantela aberta e aos traballadores nos seus postos. De feito, amósanse dispostos dende o Concello a traballar con todas as partes involucradas para encontrar unha solución que garanta o futuro de Sargadelos, un símbolo da nosa identidade.A

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...