InicioOccidentalCervoO Concello de Cervo mostra o seu apoio aos traballadores de Sargadelos...

O Concello de Cervo mostra o seu apoio aos traballadores de Sargadelos nun comunicado

A alcaldesa, Dolores García Caramés, leva desde primeira hora nas instalacións da fábrica acompañando ao persoal, e mantendo encontros coa xerencia da empresa, “confiando en que se chegue a un entendemento que garanta a continuidade dunha factoría crucial para o municipio e que é un símbolo cultural de Galicia”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acompaña nestes momentos tan difíciles aos traballadores da fábrica de Cerámica de Sargadelos logo da decisión do administrador único de pechar as instalacións, a raíz das discrepancias cun informe da Inspección de Traballo que contempla emendar unhas deficiencias que desde a xerencia ven desmedidas a tenor das particularidades do edificio e da contorna.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, desprazouse desde primeira hora desta mañá ata a Fábrica, para estar ao carón dos traballadores nestes intres tan desconcertantes e amosarlles o seu apoio coa confianza de que as partes implicadas esgoten todas as vías de diálogo e exploren todas as alternativas posibles para que a fábrica siga producindo e os empregados poidan volver aos seus postos de traballo con todas as garantías de seguridade “tal e como aseguran que desenvolvían xa o seu traballo ata día de hoxe”.

A rexedora amosouse preocupada ante o xiro que deron os acontecementos e ante a decisión drástica tomada polo administrador co que mantivo un encontro no que puido constatar a súa vontade de seguir adiante cunha fábrica na que asegura que investiu moitos cartos e moito tempo polo que nestes momentos –engadiu- “temos que mandar unha mensaxe de confianza de que esas conversas que nos consta que se están mantendo no día de hoxe dean o seu froito para salvagardar unha empresa da que dependen moitas familias, que xera moitos postos de traballo en Cervo e en toda a bisbarra, e que ademais é todo un símbolo patrimonial de Galicia”.

ÚLTIMAS

Rebaixan a 12 anos a pena para un home acusado de violar a unha muller en Burela

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home acusado...

Ribadeo avanza nas obras de abastecemento segundo se traslado á Mesa da Auga

As obras do abastecemento de Ribadeo marchan a bo ritmo. Así se puxo de...

O proxecto de saneamento de Barreiros entre os orzamentos aprobados polo Goberno para ACUAES

O Consello de Ministros autorizou unha nova modificación do convenio de xestión directa da...

Alfoz e Lourenzá preparan os seus respectivos actos para o 25 N

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza...