InicioOccidentalCervoRenovan a bandeira Ecoplaya no areal do Torno en Cervo

Renovan a bandeira Ecoplaya no areal do Torno en Cervo

Para conseguir as bandeiras Ecoplayas tense en conta aspectos como a limpeza intensiva do areal, a calidade das augas, a existencia de equipamentos óptimos, as condicións de accesibilidade ou o conxunto de servizos prestados aos usuarios.

Publicada o

- Advertisement -

A Praia do Torno renovou a súa bandeira Ecoplaya para este ano 2025, como recoñecemento á súa calidade e excelencia turística. Trátase da XVIII edición destes distintivos que concede a Asociación Técnica de Xestión de Residuos e Medio Ambiente ‘Ategrus’, na que o xurado valora “o compromiso coa mellora da calidade do nosos areais.”.

A entrega da bandeira farase este mediodía durante o acto de clausura do XXII Congreso Ecoplayas 2025, aquí en Castellón, a onde viaxei esta fin de semana para recoller o distintivo.

Queremos agradecer “a todos os que posibilitan co seu traballo, dedicación e esforzo que consigamos ano tras ano este tipo de certificacións para a nosa Praia”.

Este galardón pon en valor “o noso compromiso cos areais e co medio ambiente” e súmase a outros recoñecementos para a franxa costeira como pode ser a bandeira azul, que tamén conseguimos ano a ano para a Praia do Torno.

Para conseguir as bandeiras Ecoplayas tense en conta aspectos como a limpeza intensiva do areal, a calidade das augas, a existencia de equipamentos óptimos, as condicións de accesibilidade ou o conxunto de servizos prestados aos usuarios.

Para os participantes que optan á renovación dea acreditación, como é o nos caso valórase o compromiso continuo coa mellora da calidade en todos os aspectos das nosas praias, nese camiño seguiremos traballando “no fomento do turismo sostible, e na reducción da contaminación e na educación das xeracións futuras porque cada pequeno xesto conta”.

En palabras da alcaldesa, “esta bandeira non é só un trofeo, é un recordatorio da responsabilidade que temos de protexer e preservar as nosas Praias e o noso entorno natural”. As praias son espazos de encontro, de esparexemento, pero tamén son ecosistemas fráxiles que necesitan da nosa protección e coidado.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...