InicioOccidentalCervoCervo leva adiante obras para as pistas asfaltadas do núcleo da Senra

Cervo leva adiante obras para as pistas asfaltadas do núcleo da Senra

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona, para supervisar os traballos.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo traballa estes días na mellora das arterias de comunicación do núcleo da Senra, cun investimento que supera os 150.000 euros -169.351,20 euros, concretamente-.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona, para supervisar os traballos.

A obra -tal e como explicou a alcaldesa- abrangue a retirada da  parte superior da capa de rodadura existente, o fresado dos firmes asfaltados para a reposición con rodadura bituminosa, executando, así mesmo, canlóns de formigón para a recollida de pluviais.

A reparación e mellora da pavimentación de todo o ancho das vías afectadas supón levar a cabo unha remodelación integral das mesmas, que consiga mellorar as dotacións existentes incidindo na nosa aposta por “crear e mellorar espazos público de calidade, que sexan cómodos e accesibles para a veciñanza e tamén para favorecer o establecemento de novas familias nas nosas aldeas”.

A rexedora apuntou –así mesmo- que esta nova obra é un paso máis cara a igualdade de oportunidades e a cohesión territorial “porque coa mellora de estradas e accesos, estamos garantindo un transporte máis eficiente e seguro, que mellora as condicións de vida das nosas aldeas e núcleos de poboación; porque cada recuncho do noso concello merece os mesmos servizos e oportunidades que as zonas máis urbanas, e neso seguimos a traballar sen descanso”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...