InicioOccidentalCervoCervo leva adiante traballos de mellora no cemiterio de Sargadelos

Cervo leva adiante traballos de mellora no cemiterio de Sargadelos

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata o camposanto en compañía do pedáneo Luis Peña, para ver in situ os traballos que supoñen un orzamento superior aos 10.000 euros procedentes das arcas municipais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo acomete estes días traballos de mellora no cemiterio de Sargadelos, a través da instalación de sistemas de recollida de augas pluviais co fin de protexer e mellorar a instalación, moi exposta á humidade.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegáronse ata o camposanto en compañía do pedáneo Luis Peña, para ver in situ os traballos que supoñen un orzamento superior aos 10.000 euros procedentes das arcas municipais.

Tal e como explicou a rexedora “os traballos consistiron na execución dunha zona de aparcamentos, e na evacuación de augas da vía, para evitar as filtracións ao interior do cemiterio” como “lugar de memoria, respecto, e conexión cultural, asumimos a nosa responsabilidade de coidalo e preservalo, protexendo o espazo das inclemencias do tempo”.

Con estes traballos –engadiu- garantiremos que as augas pluviais que se acumulaban na vía non afecten á integridade das estruturas do camposanto e sexa un espazo seguro, limpo e digno.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...