InicioOccidentalCervoCervo entrega un vehículo ao Club Deportivo San Ciprián

Cervo entrega un vehículo ao Club Deportivo San Ciprián

En palabras da alcaldesa "o deporte é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento persoal e social, e por iso seguiremos traballando para apoiar a todas as entidades deportivas do noso Concello"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo vén de colaborar co Club Deportivo San Ciprián coa adquisición dun vehículo que supuxo un investimento de 16.000 euros e que é un medio de transporte moi necesario para os integrantes do club integrado por diferentes modalidades e seccións.

A alcadesa precisou que esta nova furgoneta entendemos que é unha ferramenta esencial para o desenvolvemento das actividades do club, e reflexa tamén o compromiso do noso Concello co Deporte.

Entendemos -afondou- que detrás deste club hai un traballo constante e tamén ás veces moitas necesidades. Unha delas, e ademais moi importante, era poder contar cun medio de transporte adecuado para trasladar aos deportistas, e o seu material aos diferentes puntos de competición.

Polo que a axuda para adquirir esta furgoneta é unha inversión entendemos de presente e tamén de futuro para este club.

En palabras da alcaldesa “o deporte é unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento persoal e social, e por iso seguiremos traballando para apoiar a todas as entidades deportivas do noso Concello”.

ÚLTIMAS

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...

Foz amplía o horario da Biblioteca Municipal ‘Salgado Toimil’

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca...