InicioOccidentalCervoCervo celebrará o encontro de palilleiras o sábado 5 de abril

Cervo celebrará o encontro de palilleiras o sábado 5 de abril

Con 18 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consodidado en Cervo co fin de poñer en valor "unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva”, indicou a alcaldesa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo xa está traballando na organización do XVIII Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía que se celebrará o 5 de abril na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Cibrao.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e polas palilleiras de San Cibrao na Casa do Mar, no local que empregan para desenvolver a súa actividade.

Con 18 anos de historia, o Encontro de Palilleiras é un evento máis que consodidado en Cervo co fin de poñer en valor “unha tradición artesanal que cremos primordial que se manteña viva”, indicou a alcaldesa.

Unha cita -engadiu- que rende homenaxe á paciencia, á dedicación e á creatividade de todas esas persoas que manteñen viva esta artesanía tan especial “que garda un legado que se transmitiu de xeración en xeración, e este encontro serve tamén para celebrar a importancia de preservar e promover estas tradicións”.

0A alcaldesa e a edil convidaron a todo o mundo a asistir a este Encontro no que se poderá “gozar da beleza dos traballos confeccionados por expertas palilleiras e da súa destreza en vivo, contribuíndo así á conservación e posta en valor deste oficio con gran tradición e séculos de historia”.

As persoas interesadas dn participar xa poden anotarse na Casa da Cultura (982 59 51 57) ou no teléfono 629 91 22 39

ÚLTIMAS

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

Un veciño de Viveiro acepta seis anos e seis meses por agresión sexual á filla da súa afillada

Un veciño de Viveiro de mediana idade aceptou este luns unha pena de seis...

Ribadeo inicia as obras de mellora na Rúa Reinante cun orzamento 90.000 euros

Comezan as obras de mellora da rúa Reinante, que suporán un investimento de 89.000...

A concelleira de Cultura de Foz pide ao PP que non manche o “bo nome do Entroido local”

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, pídelle a Javier Castiñeira e ao PP...