InicioOccidentalCervoAlumnos de Cervo comparten a súa experiencia despois de visitar o Parlamento...

Alumnos de Cervo comparten a súa experiencia despois de visitar o Parlamento Europeo

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, mantivo un encontro con Víctor, Erin, Martín, Yaiza e Nerea, esta tarde en Cervo, e tamén co responsable de proxectos internacionais, Marcelino Luna, e Rocío Álvarez, vicedirectora do IES Monte Castelo, para intecambiar impresións e coñecer de primeira man como foi a súa experiencia no Parlamento Europeo o pasado 28 de xaneiro.

Unha viaxe, na que Cervo estivo moi ben representado por estes 5 alumnos matriculados no IES Monte Castelo, que foi elixido pola Comisión Europea para participar na xornada da Euroescola no Parlamento, compartida con 900 mozos e mozas de todo o continente.

Resultado do traballo realizado dende as Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo e de toda a comunidade educativa para transmitir os valores da Unión, valores que, entre outros, teñen que ver coa inclusión, igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a dixitalización responsable, sostibilidade ambiental e a participación cidadá activa.

Na viaxe, estiveron acompañados por Marcelino Luna, responsable de proxectos internacionais, e Raquel Sánchez Monterde, xefa de estudos e embaixadora senior das EPAs do centro.

“Un pracer ter colaborado con vós nesta experiencia que como puidemos comprobar quedou ben aproveitada! Seguimos sumando sinerxias e apostando por unha educación de calidade”.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...