InicioOccidentalCervoCervo traballa na mellora do camiño rural de Mouriños no lugar de...

Cervo traballa na mellora do camiño rural de Mouriños no lugar de Daián

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo traballa estes días na mellora e acondicionamento do camiño rural de Mouriños, no lugar de Daián.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata a zona para supervisar as obras en compañía da pedánea Lidia Galdo e de varios veciños.

Unha actuación que tal e como explicou a alcaldesa supón un investimento de preto de 50.000 euros -48.201,63 euros concretamente- procedentes de fondos do Plan Único.

O proxecto –apuntou- contempla a retirada e reposición do firme asfaltado e a execución da canalización da rede de alumeado público; “renovando a pavimentación en todo o camiño co obxectivo de seguir incidindo na mellora das comunicacións e da accesibilidade das nosas zonas rurais”.

Ademais –engadiu- coa canalización da rede de alumeando público “reduciremos o impacto e a contaminación visual da zona, dotándooa dunha maior seguridade para a veciñanza e reducindo tamén os gastos de mantemento da rede pública”.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...