InicioOccidentalCervoNova edición de Amor na Rede do Concello de Cervo

Nova edición de Amor na Rede do Concello de Cervo

Aqueles que teñan máis “gústame” nese día, ata as 22:00 horas, serán os gañadores na súa correspondente franxa de idade e categoría. Ademais, entregarase un premio ao traballo máis orixinal en cada unha das categorías de idade.

Publicada o

- Advertisement -

Establécense tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo. Haberá dúas categorías diferentes, maiores e menores de 18 anos, con premios para cada un dos formatos; tamén se valorará o traballo máis orixinal

O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 13 de febreiro, a través do correo prensa@concellodecervo.com. Todos aqueles interesados poderán presentar o seu traballo en tres formatos diferentes: unha carta que non supere o espazo dun DIN-A4, un vídeo que non supere a duración de un minuto, ou unha foto. Os orixinais serán publicados o venres 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo.

Aqueles que teñan máis “gústame” nese día, ata as 22:00 horas, serán os gañadores na súa correspondente franxa de idade e categoría. Ademais, entregarase un premio ao traballo máis orixinal en cada unha das categorías de idade.

Os gañadores publicaranse o luns 17 de febreiro nas redes sociais do Concello de Cervo.

Na categoría para menores de 18 anos, o premio consistirá nun vale de 40€, para os mellores traballos en cada un dos formatos, para gastar en calquera establecemento do Concello de Cervo.

Na categoría para maiores de 18, a recompensa será un vale, tamén por cada formato que resulte gañador, que se poderá trocar por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do termo municipal.

ÚLTIMAS

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...

Foz amplía o horario da Biblioteca Municipal ‘Salgado Toimil’

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca...