InicioOccidentalCervoCervo entrega árbores froiteiras e autóctonas para a veciñanza

Cervo entrega árbores froiteiras e autóctonas para a veciñanza

Tal e como precisaron desde o Concello con iniciativas como esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas"

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, entregaron este mediodía as árbores froiteiras e autóctonas aos veciños e veciñas que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende fai case unha década.

Tal e como precisaron con iniciativas como esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas, e queremos seguir animando á veciñanza a continuar plantando árbores porque é unha forma efectiva de contribuír á conservación dos ecosistemas e de loitar contra o cambio climático”.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas ata 36 diferentes: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, aguacateiros…

O número de exemplares entregados nesta ocasión foi de 91 árbores solicitados por unha decena de veciños.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...