InicioOccidentalCervoNovas propostas para 'Sanci Tapeando' con novos locais

Novas propostas para ‘Sanci Tapeando’ con novos locais

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves, 6 de febreiro, continúa o Sanci Tapeando que promove a hostalería de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e que incorpora para os próximos meses novos locais.

Así, na cita gastronómica participarán ata o xoves 19 de xuño, a cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e o bar Maruxaina.

Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa que botou a andar xa polo ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros.

Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.

As propostas para este xoves, 6 de febreiro, son as seguintes:

• A Penúltima: Tosta de aguacate

• Terraza O Noso Lar: Cachopo de porco

• Bar O Faro: está pechado por vacacións

• Cervecería Las Titas: Perrito Rústico Completísimo

• Bar Maruxaina: chourizos ao viño

• A Bodega de Ana: albóndegas mariñeiras

Para máis información e para facer un seguimento das tapas que se servirán cada semana está tamén habilitada a conta de facebook Sanci Tapeando e tamén a través das redes sociais municipais nas que cada xoves se anunciarán as propostas culinarias.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...