InicioOccidentalCervoCervo finaliza os cursos infantís na piscina olímpica municipal

Cervo finaliza os cursos infantís na piscina olímpica municipal

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a instalación para entregarlles os diplomas e un agasallo a cada pequeno e quixo darlles os parabéns por completar o curso con éxito “porque aprender a nadar é unha habilidade moi importante, e tamén unha forma de manterse activos e saudables desde pequenos”

Publicada o

- Advertisement -

Esta semana están a rematar os cursos infantís de natación na piscina olímpica municipal que contaron con 87 crianzas, de entre 3 e 11 anos, divididas en quendas e diferentes niveis, e que se prolongaron de outubro a xaneiro.

En concreto, houbo 72 nenos de entre 4 a 11 anos, nos niveis estreliña, tartaruga, calamar, peixe, golfiño e tiburón, que asistiron dúas veces por semana á piscina; e 15 nenos de 3 anos que acudiron un día á semana.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a instalación para entregarlles os diplomas e un agasallo a cada pequeno e quixo darlles os parabéns por completar o curso con éxito “porque aprender a nadar é unha habilidade moi importante, e tamén unha forma de manterse activos e saudables desde pequenos”.

Nos vindeiros días está previsto que arrinque o segundo cuadrimestre para o que xa están inscritas 77 crianzas, nos diferentes niveis.

Ademais, tamén hai 129 adultos que asisten ás clases de aquagym e de natación nos diferentes niveis que se desenvolven durante todo o curso, de outubro a maio.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...